Esta semana comezamos cunha asemblea inicial para presentar os novos roles da aula:
• Calendario: cada día un/unha compañeiro/a anota a data e os acontecementos importantes.
• Música da semana: cada alumno/a escollerá unha peza musical seguindo un criterio propio, que soará en momentos puntuais da xornada.
• Frase do día: compartimos unha frase positiva que nos inspira e comentámola entre todos.
• Exposición oral: cada quen preparará unha pequena presentación sobre un tema libre (deportes, países, animais en perigo, curiosidades, experimentos ou mesmo actuacións musicais).
Para comezar a traballar a expresión oral, vimos un vídeo dunha alumna doutro curso e elaboramos a nosa base de orientación, cos pasos a seguir para facer unha boa exposición.
En Matemáticas, traballamos con Edixgal (cada quen na súa senda personalizada) e practicamos con diferentes recursos. Ademais, achegámonos ós números grandes, o redondeo e ás operacións combinadas.
En Ciencias, seguimos afianzando os conceptos de xeografía.
Nos ámbitos, formamos os equipos base que se manterán todo o curso e abrimos o noso caderno de equipo, no que anotamos os cargos.
Na hora de ler, continuamos collendo libros na biblioteca. Fixemos tamén un comentario sobre un artigo de prensa (“¿Podería haber vida común noutro lugar do universo?”). A partir desta lectura inventamos os nosos propios planetas e reflexionamos conxuntamente sobre a posibilidade de vida noutros mundos. Despois respondemos a unhas preguntas de comprensión.
Durante a semana celebramos un círculo restaurativo, no que falamos todos xuntos sobre un pequeno conflito para mellorar a convivencia.
Outro momento destacado foi a gravación do noso primeiro programa de radio escolar, no que nos presentamos e, próximamente, faremos as nosas recomendacións lectoras en galego.
Na hora do comedor, tamén tivemos un tempo para facer aportacións de creación de normas e suxestións de mellora para o comedor e o patio.
Nas linguas continuamos traballando as normas de acentuación e como identificar a sílaba tónica.
En inglés, comezamos as traballar como nomear as asignaturas e o material de clase e fixemos o noso horario en inglés. Tamén practicamos preguntas con "When" e as preposicións que necesitamos para responder IN, ON e AT.
Ademais, tivemos unha xornada de iniciación ó kung fu do máis divertida.
E o venres tivemos unha sorpresa moi especial: coñecemos á nosa auxiliar de conversa, que vén de Nova Iorque e estará connosco ao longo do curso para axudarnos mellorar o noso inglés.
Para rematar a semana, tivemos un tempo de repaso en diferentes ámbitos: momento matemático, momento lingüístico e momento de ciencias, retomando os contidos xa traballados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario