miércoles, 28 de octubre de 2015

HALLOWEEN

Hoxe e mañá festexamos Halloween no noso centro e temos un montón de actividades programadas.
Neste día, coa colaboración dalgúns papis e mamis, maquillámonos, escoitamos contos de terror e rematamos coas mans na masa facendo galletas terroríficas.Mañá continuaremos cunha peli e manualidades.
Estas son as nosas caras de terror!!!
As galletas Terroríficas



domingo, 25 de octubre de 2015

PASOS PARA UNHA EXPOSICIÓN ORAL

O xoves 22 de outono, fixemos un texto no ordenador no que explicabamos como facer unha boa exposición oral. A continuación a profesora axudounos a mellorar o texto, que posteriormente imprimimos e repartimos a tod@s os compañeiros da clase de 5º de primaria.
Co ipad da mestra gravamos un video cos pasos que debemos ter para expor  oralmente, e mentras que un gravaba coa aplicación Mad Pad o outro dicía un dos pasos que tíñamos escritos no esquema,  e así, cando rematamos de falar todos, a mestra colleu todas as gravacions e as xuntou nun mismo video .
E este é o resultado:
Escrito por Cristina e Laura de 5º de primaria












lunes, 5 de octubre de 2015

O Gavetero

Proxecto ReciclArte

PROXECTO "RECICLARTE"


Comenzamos un novo curso o alumnado de 5º e 6º de Primaria do C.E.I.P. Plurilingüe
Nº1 de Tui , e tamén un novo proxecto " ReciclArte".
 
Proxecto  que consiste en aproveitar os desfeitos das familias do alumnado e darlles novos usos, por exemplo: papeleiras, invernadoiros, estanterías... Para facelo necesitamos traer moitas cousas e ademais ao traelo estamos aproveitando algúns materiais e non contaminamos á natureza : envases, cartóns, papeis, cápsulas de café, revistas e xornais, CDs, tapas, tapóns, corchos, papel albal, redes de patacas, laranxas, allos...

Estámolo pasando xenial porque facemos moitas actividades nas que participamos tod@s, colaboramos en equipo, axudándonos uns aos outros, etc.
É incrible a de cousas que pódense facer con todo ese lixo e o rápido que o facemos, nunca pensamos que xogar con lixo fora tan divertido.
Aprendemos que reciclar é tarefa de tod@s e moi divertido, ademais aprendemos moito polo que esperamos a próxima tarefa.