lunes, 30 de marzo de 2020

🔊 FALAMOS?

Ola, pequen@s e familias!

Estamos a vivir unha situación nova para todos e todas nós que pode provocar novos sentimentos e emocións, inquedanzas e dúbidas. Porén, tamén pode ser unha oportunidade para recuperar o tempo en familia e favorecer a comunicación nos nosos fogares.

É por iso que vos presentamos o seguinte material, unha serie de tarxetas que podedes utilizar a modo de xogo para emocionarvos, imaxinar e dar renda solta á vosa creatividade, ou volver á calma cando o precisedes.

Unha aperta!

Recordade: tod@s xunt@s venceremos! 🙌