lunes, 16 de diciembre de 2013

TALLER DE COCIÑA

O Luns 16 de decembro, xa rematado o noso proxecto do Universo, decidimos facer un pastel do sistema solar. Tod@s colaboramos con moldes, confetis, rodillos para amasar, cartón para poñer os pasteis...
Antes de comezar lavamos as mans, colocamos os mandilóns e os guantes. Forramos os cartóns para colocar os pasteis con papel continuo branco e comezamos a cociñar.
Durante tódala maña o pasamos moi ben, sobre todo cando rematamos e comimos.
INGREDIENTES: manteiga, chocolate branco e negro, biscoito, leite, confetis de cores, colorantes, e masa de follado.
PREPARACIÓN:
  1. Fixemos a base coa masa de follado e a cocimos no horno
  2. Fundimos o chocolate branco e negro con manteiga ao baño maría
  3. Mezcramos  o chocolate branco con colarantes para facer varias cores
  4. Recortamos o biscoito formando o Sol e os pranetas
  5. Cubrimos a base con chocolate negro
  6. Cubrimos o Sol e os pranetas con chocolate branco e os colocamos sobre a base
  7. Adornamos con confetis de cores e estrelas
E LISTO PARA COMER!!!



lunes, 2 de diciembre de 2013

ANIMACION DO UNUIVERSO I

Deixámosvos coa nosa primeira animación sobre o universo na que participamos:Daniela,  Alejandro, Marisa, Cian, Alejandra, Martín e Carlos.
 Esperamos que os guste.

martes, 26 de noviembre de 2013

PROXECTO OS PEQUENOS ASTRÓNOMOS


Estos días estamos facendo un proxecto
chamado Pequenos Astrónomos o tema e sobre o universo. Aprendemos moito con  e cousas moi interesante.

Ao principio fixemos un mural poñendo o que sabiamos , o que queriamos saber e onde buscábamos a información. Tamén fixemos un recuncho chamado “Recuncho dos Pequenos Astrónomos” para aportar información sobre este proxecto, esta información a traíamos das nosas casas: noticias, libros, videos, revistas e ata fixemos un pequeno sistema solar con materiais reciclados.
No laboratorio  estamos a construír unha cúpula que agora mesmo esta en revisión xa que se ronpeu unha punta.

Outra actividade que nos gustou moito foi o LAPBOOK . E como un libro decorado por nos e desplegable que de forma visual e creativa completamos con información e xogos de distintos planetas . No eu interior recopilamos debuxos, fotos, actividades,esquemas... Por grupos fixemos un LAPBOOK sobre distintos planetas que despois expusimos ao resto dos compañeir@s

 Fomos de excursión ao observatorio Ramón María Aller no campus de Santiago. Alí estudaban as estrelas dobres,os bólidos e as manchas solares.Mostráronos varios telescopios algúns podían pesar mais dunha tonelada e alucinamos cando abriron a cúpula. Tamén vimos o sol proxecto nun papel, decatámonos da importancia de non mirar directamente ao sol xa que o guía puxo diante da lente un lapis e comezou  a arder.
Foi moi interesante  ninguen  sabia quen era Ramón Mª Aller  así ao chegar a clase buscamos información sobre este astrónomo.
Na clase de plástica estamos investigando sobre artístas relacionados co universo como Joan Miró e Alexander Calder. 

Esto foi un resumen das cousas que fixemos e aínda continuamos.

Escrito por Daniela Calvo de 5º de Primaria e Ana Alfaya de 6º de Primaria.

Os deixamos  unhas fotos e videos para que miredes o noso traballo.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE 
 

BENVID@S AO NOSO BLOGUE

Hola a tod@s:
Somos os nen@s de 5º e 6º de Primaria do C.E.I.P Plurilingüe Nº1 de TUI.
Imos comenzar este blogue par contarvos as aventuras das nosas aulas .