domingo, 22 de noviembre de 2020

martes, 27 de octubre de 2020

EXPERTO EN LEGOS

Despois de ver a historia de Lego, Pablo trouxo a clase algunhas das súas creacións e compartiu con nós a súa ilusión por construir e crear.

lunes, 5 de octubre de 2020

NOTICIA DO DÍA

Todos os días temos un responsable para explicar unha noticia de interese, esta semana tocolle a Álvaro que trouxo unha nova sobre como nas cidades, por culpa do Covid e para non usar o transporte público, incrementou o uso de patinetes.

miércoles, 30 de septiembre de 2020

TEXTOS INSTRUCTIVOS

Por equipos fixemos os nosos textos instructivos sobre a multiplicación e a división para explicar oralmente.
 .

lunes, 28 de septiembre de 2020

XÉNEROS LITERARIOS

Despois de analizar distintos xéneros literarios xogamos a identificar varios fragmentos empregando os nosos encerados individuais.

jueves, 18 de junio de 2020

MOMENTOS VIVIDOS

Moitos foron os momentos compartidos ao longo desta etapa no CEIP Nº 1. 
Noraboa a tod@s por este camiño percorrido.
Moita sorte e ata sempre.

GRADUADOS E GRADUADAS 6º PRIMARIA 2020

Estes son os nosos graduados e as nosas graduadas de 6º de Primaria da promoción 2020.
Parabéns

TELEGRADUACIÓN 6º PRIMARIA


NORABOA A TOD@S.




Resolución dos enigmas 🔍

Ola a todos e a todas!

Antes de pechar este curso, é momento de resolver os enigmas que nos quedaron pendentes: aquí tendes as solucións.










Ademais, coma sempre, estes vídeos quedarán recollidos na vosa bitácora da axencia de detectives:




Por último, se vos gustou esta tarefa e queredes seguir resolvendo retos coma estes, recoméndovos o libro "Enigmas: desafía tu mente con 25 historias de misterio". Algúns dos que fixemos están baseados nesta obra.

Moi bo traballo, detectives! Noraboa a todos e a todas!



jueves, 11 de junio de 2020

Coa mochila ao lombo: pequen@s viaxeir@s

Ola a todos e a todas!

Noraboa polo voso marabilloso traballo na tarefa "Coa mochila ao lombo". Xunt@s, conseguimos crear unha gran guía sobre Europa e, no camiño, incluso descubrimos a expert@s cociñeir@s!

Anímovos a ver o tráiler do voso proxecto e a visitar os distintos destinos que elexistes (para explorar o genially recoméndovos empregar o ordenador a pantalla completa 😊).

Boa viaxe! 🛫





jueves, 28 de mayo de 2020

Enigma 6: encantamentos e feitizos 💫

Ola a todos e a todas!

Esta semana chega á nosa axencia de detectives un novo enigma, neste caso, desde o mesmísimo Colexio Hogwarts de Maxia e Feiticería! Que me dicides, botámoslles unha man?

Aquí o tendes:




Coma sempre, cando teñades a solución, podedes enviala ao correo electrónico elbuzondemeri@gmail.com en forma de texto, audio, debuxo, vídeo... O que queirades!

Na nosa bitácora tamén podedes atopar os retos e enigmas anteriores, así como algunhas das súas solucións:



Boa sorte, e moito ánimo!




jueves, 21 de mayo de 2020

Enigma 5: culpable por esquecemento

Cunha nova semana, recibimos un novo enigma na nosa axencia de detectives.
Trátase, nesta ocasión, do enigma 5, que chega directo dende unha comisaría de policía.
Seredes quen de resolvelo? Boa sorte!






Aquí tendes a resolución do enigma 2. Moi bo traballo!


martes, 19 de mayo de 2020

lunes, 18 de mayo de 2020

Reto 3 Probabilidad

Sabela, Noa e Candela nos explican como superar el reto 3🤩🤩🤩
Buen trabajo chicas!!🙌


domingo, 17 de mayo de 2020

Coa mochila ao lombo 🎒

Ola a todos e a todas!

Nestas semanas invítovos a facer unha viaxe dende as vosas casas. Como?
Para descubrilo teredes que acceder ao seguinte recurso, explorando o camiño en orde:




Preparad@s?
Collede as vosas mochilas, e adiante! ✈️


viernes, 15 de mayo de 2020

Chega un reto desde... Hogwarts!

Ola a todos e a todas!

Sabiades que Lord Voldemort roubou a variña máxica de Harry Potter? Todo o mundo máxico está procurando atopala... Botámoslles unha man?
Recoméndovos utilizar o ordenador nesta ocasión, será máis doado.




A través deste recurso poderedes repasar un poquiño matemáticas e máis lingua galega.

Espero que vos sexa de utilidade e que vos guste! Boa sorte! ✨


miércoles, 13 de mayo de 2020

🕵🏻‍♂️ Detectives: temos unha nova misión

Ola a todos e a todas!

Cunha nova semana, chega un novo reto á nosa axencia de detectives: trátase do enigma 4.
Nesta ocasión, teredes que poñer en acción os vosos coñecementos sobre refráns e emoticonos.
Preparados e preparadas?




Se aínda non resolvestes os anteriores, e queredes recuperalos, estades a tempo!

Hoxe descubrimos a solución do enigma 1 coas vosas respostas:




Moitas grazas pola vosa implicación! Imos converternos na mellor axencia de detectives de Galicia!

miércoles, 6 de mayo de 2020

¡Novo enigma á vista! 🔎

Ola, detectives

Que tal estades?

A nosa axencia está que arde e, despois de saber que algúns e algunhas de vós xa resolvestes o primeiro misterio, esta semana chegaron dous novos enigmas ao noso correo electrónico.

Nesta ocasión, podedes escoller cal queredes resolver (ou intentalo cos dous!). Xa sabedes, con cada un deles acumularedes puntos de detectives e, con eles, algúns privilexios... Recordades o cuestionario sobre os vosos talentos que cubristes a semana pasada? Pois todo garda relación!

Os retos que vos propoño nesta ocasión son o enigma 2 e 3 da nosa bitácora:





Aos que todavía non vos unistes a esta axencia, anímovos a facelo. Co primeiro misterio que resolvades recibiredes o voso carné de detectives e, a partir dese momento, comezará a aventura!

Recordade: se precisades calquera cousa, ou tendes dúbidas sobre a resolución dos retos, podedes poñervos en contacto conmigo a través do correo electrónico.

Moito ánimo!


martes, 5 de mayo de 2020

¡Inauguramos nuestro museo! 🏛️

¡Hola a todos y a todas!

Hoy es un día de celebración porque, al fin, inauguramos nuestro museo virtual de arte geométrico.
¡Enhorabuena a todos y a todas las artistas que lo habéis hecho posible!

Ahora, es momento de disfrutar de vuestras obras de arte. Recordad, la entrada es libre, así que podéis invitar a vuestra familia y amigos/as a verlo. ¡Adelante!




Esperamos que os guste tanto como a nosotras.

lunes, 4 de mayo de 2020

Retos de estadística en cuarentena

Carlota y Nayara nos explican como superaron el primer reto matemático 🤩
En el vídeo que ponemos a continuación Martín Pena nos muestra todo el proceso👏🙌

Y por último Candela Ordóñez nos explica como superó el tercer reto🤩



lunes, 27 de abril de 2020

Atención: búscanse detectives 🕵️‍♂️

Ola a todos e a todas!

Cunha nova semana, chega un novo reto: neste caso, imos crear a nosa propia axencia de detectives.
Hai moitos enigmas por resolver no mundo, e quen mellor que vós para facelo?



Cada semana proporeivos unha pequena proba para poñer en marcha esas cabeciñas, resolver algúns misterios e conseguir puntos de detectives. E preguntarédesvos... para que nos servirán eses puntos? Todo ao seu tempo!

Aquí tendes o voso caderno de bitácora: nel, recollerei todos os enigmas que vaiamos resolvendo, así como aqueles que teñamos pendentes. Cada semana, de todos modos, subirei ao blog o reto correspondente.



Tal e como vos indico neste recurso, recordade: cando resolvades a pregunta proposta, debedes enviar a explicación ao meu correo (nun texto, nun vídeo, utilizando un mapa conceptual... canta máis imaxinación, mellor!):

elbuzondemeri@gmail.com

Unha vez feito isto, recibiredes novas miñas!

Moito ánimo, e adiante co primeiro enigma 💪

viernes, 17 de abril de 2020

GeometriArte

Ola a todos e a todas!

Teño un novo reto para vós, esta vez relacionado coa arte... pero tamén coa xeometría.
A través do enlace que vos deixo máis abaixo, poderedes coñecer máis sobre a arte da Idade Contemporánea para, despois, crear o noso propio museo virtual.
Despois do vídeo que fixéstedes coa canción "Quédate na casa", teño moi claro que sodes uns e unhas artistas, así que seguro que conseguimos inaugurar un museo de dez.

Se queredes, podedes documentar o voso proceso de creación e, cos vídeos que me enviedes, farei un pequeno "making of", como bos e boas profesionais que somos.

Por certo, se precisades calquera cousa, podedes contactar comigo a través do correo que vos deixo no recurso (recoméndovos amplialo a pantalla completa para realizar a tarefa). Espero que vos guste e vos sexa útil.

Preparados e preparadas para iniciarvos nesta aventura?
A xeometrizarse!







viernes, 3 de abril de 2020

Misión: en busca das palabras perdidas

Ola a todos e a todas!

Acaba de chegarnos unha mensaxe da Real Academia Galega. Ao parecer, algunhas das palabras do dicionario escaparon e cruzaron mares e océanos, chegando a todos os continentes.
Dende a Academia pídennos axuda para recuperalas e devolvelas ao seu lugar de orixe, ao mesmo tempo que repasamos un pouco de lingua galega (clases de palabras, acentuación...).

Viaxade aos cinco destinos, alí vos esperan cinco personaxes que vos guiarán nesta aventura. Respondendo ás súas preguntas, poderedes obter o código co que abriredes a caixa forte ao final.

Preparados e preparadas?

Adiante! ✈





lunes, 30 de marzo de 2020

🔊 FALAMOS?

Ola, pequen@s e familias!

Estamos a vivir unha situación nova para todos e todas nós que pode provocar novos sentimentos e emocións, inquedanzas e dúbidas. Porén, tamén pode ser unha oportunidade para recuperar o tempo en familia e favorecer a comunicación nos nosos fogares.

É por iso que vos presentamos o seguinte material, unha serie de tarxetas que podedes utilizar a modo de xogo para emocionarvos, imaxinar e dar renda solta á vosa creatividade, ou volver á calma cando o precisedes.

Unha aperta!

Recordade: tod@s xunt@s venceremos! 🙌

lunes, 24 de febrero de 2020

EXPOSICIÓNS ORAIS ARTE ROMÁNICA.

Aquí vos deixamos outra parte do traballo do alumnado de 6º de EP sobre o arte románico, as  súas exposicións orais.








miércoles, 19 de febrero de 2020

ARTE ROMÁNICA

O alumnado de 6º de primaria estivo pescudando información sobre as principais características do arte románico, tan presente no noso país e na nosa vila. Con toda esa información fixeron unhas estupendas exposicións visuais e orais. 
Aquí vos deixamos o resultado do seu traballo.

Presentación do equipo "Anónimos" (Roque, Adrián, Andrés e Diego)


Presentación do equipo "Cabezones de la Galaxia" (Ares, Mael, Lucas y Kevin).


Presentación do equipo "NBA Team" (Sabela, Mafalda, Guillermo y Marco).



Presentación do equipo "Spice girls" (Ariadna, Carlota, Ana y Victoria)


Presentación do equipo "The Perfect Team" (Lino, Vera, Inés y Rodri).

viernes, 31 de enero de 2020

MOITA ARTE MOITA PAZ.


Co gallo do Día da Paz e relacionado co noso Proxecto Anual "Robotizarte", o alumnado de 6º de EP,  investigou sobre  algunhas esculturas ubicadas en diferentes lugares do mundo, que foron realizadas como símbolo da PAZ.
Se vos coincide nalgunha viaxe, podedes ir visitalas.