lunes, 27 de abril de 2020

Atención: búscanse detectives 🕵️‍♂️

Ola a todos e a todas!

Cunha nova semana, chega un novo reto: neste caso, imos crear a nosa propia axencia de detectives.
Hai moitos enigmas por resolver no mundo, e quen mellor que vós para facelo?



Cada semana proporeivos unha pequena proba para poñer en marcha esas cabeciñas, resolver algúns misterios e conseguir puntos de detectives. E preguntarédesvos... para que nos servirán eses puntos? Todo ao seu tempo!

Aquí tendes o voso caderno de bitácora: nel, recollerei todos os enigmas que vaiamos resolvendo, así como aqueles que teñamos pendentes. Cada semana, de todos modos, subirei ao blog o reto correspondente.



Tal e como vos indico neste recurso, recordade: cando resolvades a pregunta proposta, debedes enviar a explicación ao meu correo (nun texto, nun vídeo, utilizando un mapa conceptual... canta máis imaxinación, mellor!):

elbuzondemeri@gmail.com

Unha vez feito isto, recibiredes novas miñas!

Moito ánimo, e adiante co primeiro enigma 💪

No hay comentarios:

Publicar un comentario