lunes, 27 de abril de 2020

Atención: búscanse detectives 🕵️‍♂️

Ola a todos e a todas!

Cunha nova semana, chega un novo reto: neste caso, imos crear a nosa propia axencia de detectives.
Hai moitos enigmas por resolver no mundo, e quen mellor que vós para facelo?



Cada semana proporeivos unha pequena proba para poñer en marcha esas cabeciñas, resolver algúns misterios e conseguir puntos de detectives. E preguntarédesvos... para que nos servirán eses puntos? Todo ao seu tempo!

Aquí tendes o voso caderno de bitácora: nel, recollerei todos os enigmas que vaiamos resolvendo, así como aqueles que teñamos pendentes. Cada semana, de todos modos, subirei ao blog o reto correspondente.



Tal e como vos indico neste recurso, recordade: cando resolvades a pregunta proposta, debedes enviar a explicación ao meu correo (nun texto, nun vídeo, utilizando un mapa conceptual... canta máis imaxinación, mellor!):

elbuzondemeri@gmail.com

Unha vez feito isto, recibiredes novas miñas!

Moito ánimo, e adiante co primeiro enigma 💪

viernes, 17 de abril de 2020

GeometriArte

Ola a todos e a todas!

Teño un novo reto para vós, esta vez relacionado coa arte... pero tamén coa xeometría.
A través do enlace que vos deixo máis abaixo, poderedes coñecer máis sobre a arte da Idade Contemporánea para, despois, crear o noso propio museo virtual.
Despois do vídeo que fixéstedes coa canción "Quédate na casa", teño moi claro que sodes uns e unhas artistas, así que seguro que conseguimos inaugurar un museo de dez.

Se queredes, podedes documentar o voso proceso de creación e, cos vídeos que me enviedes, farei un pequeno "making of", como bos e boas profesionais que somos.

Por certo, se precisades calquera cousa, podedes contactar comigo a través do correo que vos deixo no recurso (recoméndovos amplialo a pantalla completa para realizar a tarefa). Espero que vos guste e vos sexa útil.

Preparados e preparadas para iniciarvos nesta aventura?
A xeometrizarse!







viernes, 3 de abril de 2020

Misión: en busca das palabras perdidas

Ola a todos e a todas!

Acaba de chegarnos unha mensaxe da Real Academia Galega. Ao parecer, algunhas das palabras do dicionario escaparon e cruzaron mares e océanos, chegando a todos os continentes.
Dende a Academia pídennos axuda para recuperalas e devolvelas ao seu lugar de orixe, ao mesmo tempo que repasamos un pouco de lingua galega (clases de palabras, acentuación...).

Viaxade aos cinco destinos, alí vos esperan cinco personaxes que vos guiarán nesta aventura. Respondendo ás súas preguntas, poderedes obter o código co que abriredes a caixa forte ao final.

Preparados e preparadas?

Adiante! ✈