martes, 14 de junio de 2016

A semana pasada Alejandro da Cuña visitou a nosa aula para contarnos cómo escribiu o seu libro "Receitas con Historia", un libro solidario destinado a axudar as asociacions de síndrome de Rett e síndrome de delecion . Contounos a súa experiencia e  deunos moitas ideas para a presentación do noso libro.
Moitas grazas Cuñi!!!

TALLER DE COMETAS

O pai de Sara, Rafa, visitou a nosa aula para facer connosco un taller de cometas. Sara e Rafa expliaron moi ben para que serven as cometas, a súa orixe, cómo son , as súas partes, diferentes tipos e usos... Mostráronnos as súas cometas e ata sortearon unha, depois ensinounos a facer as nosas.
 Foi un día moi ameno e divertido!!! Moitas grazas familia!!!

lunes, 6 de junio de 2016

ENTREVISTA EN RADIO TUI

Os rapaces de quinto de primaria do CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui nos explican o seu proxecto solidario: un libro de poesías que busca recadar fondos para a Asociación de Autismo Baixo Miño 1 máis. O libro estará a venda no colexio a un prezo de 9,95€.
Coma a mellor mostra da educación inclusiva na diversidade e na tolerancia, o libro de poesías editado por estes rapaces e rapazas,está destinado a recadar a maior cantidade posible de cartos para a asociación de Autismo Baixo Miño 1 Máis, a quén se doará o 100% do beneficio das vendas. E dicimos que é unha gran mostra da educación na tolerancia posto que son precisamente Sara, Jonás, Lois, Aroa, Cristina, María e o resto dos seus compañeiros os que ao convivir e xogar diariamente con rapaces con autismo no seu colexio déronse conta das súas necesidades e puxeron todo o seu empeño para axudalos.

APRENDEMOS CON ZOWI


domingo, 5 de junio de 2016

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

A través deste video a comunidade educativa do Ceip Plurilingüe Nº1 de Tui quere fomentar o coidado polo medio ambiente: "CAMBIA O FUTURO, COIDA O NOSO PLANETA!!!"