lunes, 2 de diciembre de 2019

CHARLA DUN EMPRESARIO

O pasado xoves 28 de novembro, Andrés , o pai dunha antiga alumna do cole, tivo o detalle de vir a contarnos algunhas cousas sobre o funcionamento e organización da súa cooperativa, empresa que dirixe xunto a outros socios. Esta información foinos de moita axuda agora que estamos a dar os nosos primeiros pasos na constitución da nosa propia cooperativa.
Moitas grazas por adicarnos o teu tempo e coñecementos. 



martes, 26 de noviembre de 2019

PRESENTACIÓN DA NOSA COOPERATIVA

O mércores 20 de novembro, na Deputación de Pontevedra, presentamos a nosa cooperativa. Aínda que estabamos moi nerviosos e nerviosas, a verdade e que saiumos moi ben, e todos e todas quedamos moi contentos cos nosos representantes e o traballo realizado. Somos un bo equipo!
Aquí vos deixamos unhas imaxes e un pequeno vídeo para que vexades o ben que o fixemos.  Tamén vos deixamos a presetnación que fixemos e ensinamos alí.



            




lunes, 11 de noviembre de 2019

COOPERATIVA MC´PACHE

Xa estamos a por en marcha a nosa cooperativa e entre as primeiras cousas que tivemos que decidir foi o noso nome e o noso logo.
Despois dunhas igualadas votacións, o noso nome é:

COOPERATIVA MC´PACHE.

E este é o noso logo, deseñado polo noso compañeiro Roque, ainda que outros tamén estaban moi logrados.

sábado, 9 de noviembre de 2019

AFONADAMOS NO PATRIMONIO ARTÍSTICO DE TUI

Comezamos unha nova tarefa na que novamente teremos que investigar para converternos en guías turísticas da nosa cidade, así que para comezar facemos unha saída. O obxectivo é coñecer o noso patrimonio xa que é a nosa identidade. Para iso a través da nosa experta en historia da arte, Sara Quintana, recopilaremos información que logo ampliaremos con outras fontes, así conseguiremos ser nós os expertos da nosa cidade.






domingo, 3 de noviembre de 2019

A LENDA DO TEKE TEKE

Co gallo da celebración do Halloween e do Samaín, coñecemos a macabra historia do "Teke Teke", unha antiga lenda xaponesa sobre unha rapaza que vaga sen pernas polas vías do tren en busca de vinganza.
Este foi o noso cartel co que decoramos a porta da aula e así de guapos e guapas estábamos o día da festa. 



domingo, 13 de octubre de 2019

O CAMBIO CLIMÁTICO

Aquí vos deixamos as diferentes presentacións sobre o cambio climático que cada equipo de 6º de Primaria realizou como inicio do noso reto escolar "Recreos Residuos Cero".

 NBA TEAM



SPICE GIRLS



OS ANÓNIMOS



THE PERFECT TEAM




OS CABEZÓNS DA GALAXIA




E aquí vos deixamos unha pequena mostra de como os presentamos nas aulas da escola.

sábado, 5 de octubre de 2019

MOMENTO DOS RETOS LINGÜÍSTICOS

Dividimos a aula en 7 estacións con diferentes retos, onde o alumnado rotará cada 10 minutos ata que todos e todas pasen polas diferentes estacións. As estacións lingüísticas están deseñadas para traballar de maneira lúdica aspectos relacionados coa mellora do vocabulario, a ortografía e a atención.
  1. Pasapalabras
  2. Sinónimos e antónimos
  3. Palabras compostas
  4. Descripción de persoas
  5. Familia Léxica
  6. Letra a letra
  7. A palabra intrusa

miércoles, 2 de octubre de 2019

APRENDENDO A FACER BROCHES DE FIELTRO

Estamos empezando o curso e xa comenzamos a aprender un montón de cousas interesantes.
Nesta ocasión, Arancha, a nai do noso compañeiro Roque, dedicounos parte do seu tempo para ensinarnos a manexar a troqueladora e así poder facer broches de fieltro ou recortar teas coas que decorar obxectos. 
Seguro que aproveitaremos todas estas aprendizaxes para fabricar cousas que nos axudarán a recadar algúns cartos.
Moitas grazas Arancha polo teu tempo e ensinanzas.



viernes, 14 de junio de 2019

OS NOSOS PROGRAMAS DE RADIO

CURIOSIDADES ANIMAIS



ACTUALIDADE COS DE QUINTO



O MAGAZINE DE QUINTO



O PROGRAMA DE JOWIE

OS PELIPORTERS

martes, 26 de febrero de 2019

STOP MOTION ROSALÍA DE CASTRO

O alumnado de 5º de Primaria, por equipos, traballaron durante a semana pasada a figura de Rosalía de Castro, co motivo da conmemoración escolar do Día de Rosalía. Usaron diferentes apps como "Stop Motion" e "I Movie", e fixeron, sen dúbida, uns grandes traballos de investigación e artísticos. Este é o resultado final.









lunes, 18 de febrero de 2019

AS PLANTAS

O alumnado de 5º despois de investigar sobre as partes, a nutrición e reproducción das plantas, expuseron os seus aprendizaxes coa app "Shadow Puppet Edu". Este é o resultado:









viernes, 18 de enero de 2019

SUPERHEROES E ANIMAIS

Traballo de investigación realizado por Ares (5º EP) sobre os animais presentes na ciencia ficción e na banda deseñada.

domingo, 13 de enero de 2019

FAUNA GALEGA E ROBÓTICA


Partindo do proxecto de centro deste ano "Na pel dos animais"solicitouse a exposición de “Galicia Biodiversidade” producida pola Xunta de Galicia, coa que colabora CEIDA ( Centro de extensión universitaria e divulgación ambiental en Galicia). Cunha permanencia no centro de 3 semanas e composta por 19 paneis nos que o alumnado podería coñecer a diversidade de especies animais e vexetais que se poden atopar en Galicia, os ecosistemas que habitan, e as múltiples formas de ameaza que poden afectar as súas poboacións.
Así o equipo de robótica en coordinación co de biblioteca percibiu a necesidade de partir destes paneis para comezar as actividades de robótica nun espazo maker adaptado na biblioteca do centro.
Unha actividade interdisciplinar de carácter cooperativo onde o alumnado  de 6º de EP  participou dun xeito activo aprendendo de forma lúdica sobre os distintos animais da fauna galega.
Dado que a duración dos paneis foi curta decidiuse levar a cabo a súa elaboración, ca mesma información e imaxes que ofrecían, fixándonos unicamente na fauna, 29 animais, de modo que o alumnado puidera poñerse “ na pel dos animais”.

As fotos e o texto dos diversos animais agrupados polas súas especies, cunha pequena descrición xeral en cada un deles.

A segunda parte foi a creación de catro xogos distintos de pistas, para os que contabamos con: 
  • Catro robots distintos e con similar funcionamento:
- Escornabot prestado polo CFR de Vigo( 1 unidade)
- Beebot ( 1 unidade)
- Robot mouse (2 unidades)
  • Catro libros de xogo con explicacións:
A base do xogo é coñecer aos animais través de preguntas e pistas e recoñecelos nos paneis.
A partir do recoñecemento, poñer o nome nas coordenadas sinaladas na folla de participante, por exemplo:
1A : SALAMÁNTIGA (Chioglossa lusitanica)

Buscar a imaxe no libro e mover o robot á seguinte coordenada:

Con esta actividade conseguimos:
- Unha aprendizaxe significativa baseada na cooperación dos participantes.
- Uso didáctico da biblioteca cun carácter innovador e lúdico.
- Coñecemento no uso de distintos robots educativos.
- Mellora da orientación espazo - temporal.
- Uso directo de coordenadas.
- Valorar a pisada do home na Terra.