miércoles, 6 de mayo de 2020

¡Novo enigma á vista! 🔎

Ola, detectives

Que tal estades?

A nosa axencia está que arde e, despois de saber que algúns e algunhas de vós xa resolvestes o primeiro misterio, esta semana chegaron dous novos enigmas ao noso correo electrónico.

Nesta ocasión, podedes escoller cal queredes resolver (ou intentalo cos dous!). Xa sabedes, con cada un deles acumularedes puntos de detectives e, con eles, algúns privilexios... Recordades o cuestionario sobre os vosos talentos que cubristes a semana pasada? Pois todo garda relación!

Os retos que vos propoño nesta ocasión son o enigma 2 e 3 da nosa bitácora:





Aos que todavía non vos unistes a esta axencia, anímovos a facelo. Co primeiro misterio que resolvades recibiredes o voso carné de detectives e, a partir dese momento, comezará a aventura!

Recordade: se precisades calquera cousa, ou tendes dúbidas sobre a resolución dos retos, podedes poñervos en contacto conmigo a través do correo electrónico.

Moito ánimo!


No hay comentarios:

Publicar un comentario