Esta semana nos adentramos no apaixonante mundo das teorías do universo a través dunha dinámica de grupo de expertos. Cada alumno e alumna converteuse en especialista dunha teoría concreta, co reto de ler, resumir, subliñar as ideas principais e elaborar un esquema para explicarlle despois o contido ao resto da clase.
O obxectivo ía máis alá de coñecer as distintas teorías sobre a orixe do universo: queriamos aprender a aprender. Como di Héctor Ruiz, aprender a aprender “non consiste en aplicar técnicas ou trucos para memorizar mellor, senón en comprender como funciona o noso aprendizaxe para regulalo de maneira eficaz”. A actividade permitiulles poñer en práctica estratexias de comprensión, selección e organización da información, nun contexto motivador e significativo.
Para pechar a experiencia e fomentar a metacognición, cada alumno realizou individualmente unha rutina de pensamento na que reflexionou sobre o seu propio proceso de aprendizaxe:
- Unha cousa que aprendín hoxe foi…
- Algo que me resultou difícil, pero que conseguín superar, foi…
- Unha idea que agora vexo máis clara é…
- A próxima vez que lea e explique un texto complexo, farei…
- Unha palabra que resuma o meu aprendizaxe de hoxe…
Estas respostas serviron para tomar conciencia dos avances e dificultades, e para planificar mellor como afrontar futuras tarefas de lectura e explicación de textos complexos. En definitiva, un exercicio que une coñecemento, reflexión e autonomía: os ingredientes esenciais de aprender a aprender.










No hay comentarios:
Publicar un comentario