sábado, 22 de noviembre de 2014

O ANTIGO EXIPTO



INTRODUCCIÓN

Se temos que falar dunha das civilizacións mais importantes do mundo  ó longo da historia,sen dúbida esa sería a exipcia.
Cando falamos de Exipto o primeiro que nos ven a testa son as súas pirámides e os faraóns, dentro dun espazo xeográfico de deserto e o río Nilo.
Non podemos esquecer que  é unha das civilizacións máis antigas que existiron ( 4000 a.C. ), así coma unha das máis avanzadas. A día de hoxe custa entender como foron capaces de construir as pirámides sin azuda de máquinas naquela época e que son consideradas unha das sete maravillas do mundo.

As pirámides,tumbas reales:

Entre 2675 y 2200 a.C. os arquitectos construíron as pirámides. Son as tumbas xigantescas dos faraóns. Dende enton glorifican aos que están alí enterrados.
Antes da construcción dunha pirámide, os astrónomos observaban o ceo e a orientaban hacia os catros puntos cardinais. Despois, os homes puñan liso o terreo e diseñaban unha base cuadrada. Os obreiros empezaban entón a apilar os bloques de pedra. Traballaban sen axuda de máquinas, só con ferramentas sinxelas. Algúns obreiros tallaban os bloques de pedra e tiraban deles con cordas sobre unha especie de trineo, outros as levantaban ata o cume gracias a rampas e andamios de ladrillos sen cocer .
No centro da pirámide encontrábase a cámara destinada a acoller o sarcófago do faraón difunto.
As pirámides simbolizan a subida do faraón hacia o ceo, onde viven os deuses. 

Algunhas pirámides conservadas ata hoxe son as de Keops ,Kefrén e Micerinos.



Os xeroglíficos , unha escritura sagrada:

Os xeroglíficos apareceron hacia o 3300 a.C. 
Son as escrituras exipcias. Consiste en representar mediante debuxos o universo dos exipcios, os homes, os edificios, a fauna, a flora... representaban unha palabra, un son, unha idea ou un sentimento.

Por exemplo, o debuxo dunha vela hinchada significa " vento".

Escribíase en columnas ou en líneas, e de arriba-abaixo. Unha figura humana ou de animal, xirada a dereita ou a esquerda indica o sentido da lectura.

Existen xeroglíficos inscritos en monumentos relixiosos, nas paredes dalgunhas pirámides, en muros de templos, en tumbas... e en papiros.

Foi Jean-Francois Champollion quen descubriu a clave para a lectura dos xeroglíficos e deu orixe a unha nova ciencia a exiptoloxía.


A casa exipcia:

Estaban construidas de ladrillos de adobe e o interior estaba amueblado de forma moi sinxela con mobles feitos de madeira e fibras vexetais que facían os propios campesiños e os artesans.



Deuses:

Adoraban a moitos deuses (Ra, Isis, Osiris,..), moitos deles estaban vinculados a natureza, entre eles o máis destacado era Ra , deus do sol. 

Tamén tiñan certos animais sagrados:
  • Thot, un ibis, deus do tempo e das estacións, ou un babuino, que é quen inventou os xeroglíficos,
  • Sobek, un cocodrilo, deus das augas,
  • Uadjet, unha cobra, deusa protectora do faraón,
  • Anubis, un chacal dourado, que era o deus que acompañaba os mortos a outra vida.


Os faraons:

Eran os xefes de estado da época, considerados grandes militares e constructores. Non só había homes ( por exemplo: Tutankamón e Ramses) tamén existían mulleres unha das máis famosas e coñecida foi Cleopatra.


A sociedade exipcia:

 A sociedade exipcia lembra unha pirámide. 

O faraón: No cumio reina o faraón, que estaba considerado como o fillo dos deuses na terra, o seu poder era un don divino, non tiña límite, gobernaba o país e era o propietario de todo, dos campos, das minas e das estradas. Todo era seu. Era o xefe relixioso,o único intermediario entre os homes e os deuses, comandaba o exercito e dirixía o comercio. Os seus súbditos debían postrarse ante él como signo de sumisión. 
Vivían ca súa familia na corte nun palacio preto do río Nilo.
 O faraón podía ter varias esposas, a máis importante era coñecida como "Gran esposa real" e era considerada como unha deusa.
A única obriga que tiña era manter o maat, isto significa manter o orden e a xustiza no reino.

 Os sacerdotes e os funcionarios:  Eran os que axudaban a dirixir o imperio ó faraón, organizaban a vida dos exipcios e do país. O máis importante dos funcionarios era o visir.

Visir:  era unha especie de primer ministro que executaba as decisións do faraón e a súa vez era os seus ollos e oídos.

Escribas: Eran os funcionarios encargados de axudar o faraón a administrar o seu reino.Sabían ler, escribir e contar. Eran moi respetados xa que a inmensa maioria dos exipcios eran analfabetos. Se formaban nas escolas dos templos ou no palacio real dende moi cativos (5 anos aproximadamente) e eran nenos varóns, fillos de príncipes, altos funcionarios ou de escribas. Os escribas reales eran os conselleiros do faraón, organizaban a vida en palacio, e tamén se encargaban de escribir a historia do faraón dende o seu nacimiento ata a súa morte. Recaudaban os impostos, contabilizaban as colleitas e os exercitos, copiaban as reglementación xurídicas, etc..

Campesiños e Artesans: Están na base da pirámide e son os máis numerosos. Forman o pobo exipcio, tendo en conta os escravos eran os que estarían na parte mais baixa da pirámide. Podemos dividilos por campesiños, eran os encargados das colleitas, e unha gran parte estaba reservada para os axentes do faraón, por guardianes dos rebaños, alimentaban e coidaban dos rebaños de vacas, ovellas ou porcos, e os obreiros, que fabricaban ladrillos a partir de lodo do Nilo, transportan o material e constrúen as casas, templos, pirámides... moitos deles eran homes libres.






No hay comentarios:

Publicar un comentario