martes, 25 de noviembre de 2014

COMEZAMOS O NOSO PROXECTO SOBRE O ANTIGO EXIPTO

No 3º ciclo estamos facendo un proxecto sobre o Antigo Exipto.
O primeiro que fixemos foi un panel co " que queremos saber, que sabemos, onde buscamos e como nos organizamos" todos dimos opinións.
Tamén fixemos un recuncho con información sobre Exipto, con libros da casa e da biblioteca, un disfraz de exipcio, un papiro e un montón de información que buscamos na web.

                                                             




Hoxe Nuria fixo unha visita as pirámides de Giza a través do google eart e despois nós, cos netbooks, probamos a facer unha ruta de Exipto co google maps, foi unha viaxe interesante.





Fai unhs días chegounos unha maleta viaxeira do CFR de Vigo que traia unhs cómics, entón a profe Nuria e o profe Paco decidiron facer uns cómics sobre Exipto, quedaron superchulos, se os queredes ver estan neste blog. Os cómics son sobre a momificación, as construccións, as mulleres de exipcias, o río Nilo e a agricultua e sobre mitoloxía, así que para elaboralos tivemos que investigar e coa información que atopamos fixemos uns impress para presentalos ao resto dos equipos





Hugo un neno da clase de 6º deu unha información sobre Exipto (que tamén esta neste blog) a profe Nuria mandounos calcular os lados da gran pirámide de Keops  e despois hallar o perímetro.

Espero que os gustara un moito.(feito por Daniela de 6º)


No hay comentarios:

Publicar un comentario