Comezamos facendo unhas fichas en grupos e despois as puxemos en común e coa información fixemos un panel cos datos que sabemos, que queremos saber e onde podemos buscar a información.
Tamén mandámoslle un correo electrónico aos alcaldes de Tui e Valença no que pedimos información e explicamos o que nos gustaría saber sobre a nosa Eurocidade, así continuamos enchendo o noso panel coa información que nos gustaría saber.
A continuación podedes lelo:
Estimado
Sr.Alcalde:
Bos días somos o alumnado de 5º e 6º de primaria do CEIP Plurilingüe Nº 1. Neste trimestre comezamos un proxeto sobre a Eurocidade e queremos pedirlle información para intentar coñecela mellor.

Gustaríanos
saber por que xurdiu a idea de crear esta Eurocidade, que proxetos se
fan en común entre as dúas vilas veciñas, requisitos para a
súa creación, de quen partiu a idea, cando se creou, a ponte Internacional ten que ver coa unión, ventaxas e desventaxas que
aporta, con que servizos conta, poden contar os veciños de Valença
cos servizos sanitarios de Tui e viceversa..., e tódolos datos que
poidan sernos de interese para elaborar e desenvolver o noso
proxecto.
Moitas
grazas e esperamos a vosa pronta resposta.
Atentamente o alumnado do 3º ciclo de primaria.

Tamén fixemos uns debuxos sobre o título do proxecto:
Continuamos analizando a palabra "Vida" e comparamos a nosa cidade cun ser vivo. Primeiro recordamos entre tod@s cales son as características que teñen que ter os seres vivos e despois intentamos buscar similitudes entre os principais órganos do corpo e a Eurocidade, por exemplo pensamos que o corazón da nosa Eurocidade podería ser a Ponte Internacional, o cerebro os concellos de Valenca e Tui, os pulmóns o Río Miño, o Monte Aloia, os parques e zonas verdes..., e os riles a depuradora, o punto limpo, os contenedores de reciclaxe... E así chegamos a conclusión de que podemos comparar a nosa Eurocidade cun ser vivo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario