martes, 26 de noviembre de 2013

PROXECTO OS PEQUENOS ASTRÓNOMOS


Estos días estamos facendo un proxecto
chamado Pequenos Astrónomos o tema e sobre o universo. Aprendemos moito con  e cousas moi interesante.

Ao principio fixemos un mural poñendo o que sabiamos , o que queriamos saber e onde buscábamos a información. Tamén fixemos un recuncho chamado “Recuncho dos Pequenos Astrónomos” para aportar información sobre este proxecto, esta información a traíamos das nosas casas: noticias, libros, videos, revistas e ata fixemos un pequeno sistema solar con materiais reciclados.
No laboratorio  estamos a construír unha cúpula que agora mesmo esta en revisión xa que se ronpeu unha punta.

Outra actividade que nos gustou moito foi o LAPBOOK . E como un libro decorado por nos e desplegable que de forma visual e creativa completamos con información e xogos de distintos planetas . No eu interior recopilamos debuxos, fotos, actividades,esquemas... Por grupos fixemos un LAPBOOK sobre distintos planetas que despois expusimos ao resto dos compañeir@s

 Fomos de excursión ao observatorio Ramón María Aller no campus de Santiago. Alí estudaban as estrelas dobres,os bólidos e as manchas solares.Mostráronos varios telescopios algúns podían pesar mais dunha tonelada e alucinamos cando abriron a cúpula. Tamén vimos o sol proxecto nun papel, decatámonos da importancia de non mirar directamente ao sol xa que o guía puxo diante da lente un lapis e comezou  a arder.
Foi moi interesante  ninguen  sabia quen era Ramón Mª Aller  así ao chegar a clase buscamos información sobre este astrónomo.
Na clase de plástica estamos investigando sobre artístas relacionados co universo como Joan Miró e Alexander Calder. 

Esto foi un resumen das cousas que fixemos e aínda continuamos.

Escrito por Daniela Calvo de 5º de Primaria e Ana Alfaya de 6º de Primaria.

Os deixamos  unhas fotos e videos para que miredes o noso traballo.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE 
 

1 comentario:

  1. Impresionante traballo.

    Que envidia me dades. Xa me gustaría estar ahí.

    Un bico a todos e todas.

    Jose

    ResponderEliminar